lunes, julio 05, 2010

MEMORIAS DA ORIXE. MARIA MOVE


Do 7 ao 27 de Xullo, na sala II do Centro Social Caixanova, Velázquez Moreno 18-20, Vigo.Inauguración o 7 de Xullo ás 20 horas.

A serie Memorias da Orixe é un conxunto de fotografías dixitais de pequeno e medio formato nas que se superponen imaxes de ventres humanos con flores.Estas fotografías pretenden mostrar un achegamento poético aos ciclos de nacemento, morte e renacemento, presentes na natureza, na muller e no home tanto a nivel físico como espiritual. Asi, cada elemento da obra evoca esta temática:a pel (tecido en constante rexeneración que posúe as pegadas da historia do corpo que envolve),o embigo (cicatriz do nacemento, recordo do útero, a placenta, o cordón que nutre ao Ser na orixe),a flor (símbolo da fertilidade e do renacemento da primavera)

En Memorias da Orixe, a artista multidisciplinar María Move, introduce a fotografía como soporte expresivo, sendo esta exposición a primeira mostra do proxecto Pel (2005-2010) no que corpo humano e reino vexetal fusiónanse nunha soa identidade.

María Move 645496375 alyama_22@yahoo.es

No hay comentarios: