martes, marzo 12, 2013

IN-OUT HOUSE


A SALA X, Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra exporá
IN-OUT HOUSE.
Circuitos de género y violencia en la era tecnológica

  • A mostra, coorganizada entre a Plataforma de Arte Contra la Violencia de Género (ACVG), a Área de Gestión Cultural de la Universidad Politécnica de Valencia e a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, inaugurarase o próximo xoves 14 de marzo, ás 20.00 horas, na Sala X

  • A violencia de xénero, representada na arte feminista e activista contemporánea de España e América Latina coas novas tecnoloxías como principal soporte, é o tema dunha exposición comisariada por Mau Monleón na que participan, entre outros moitos e outras moitas artistas, primeiras espadas internacionais como Suzanne Lacy, Lorena Wolffer ou Regina José Galindo

  • 44 artistas e colectivos mostran a súa obra nunha exposición aberta ata o próximo 30 de abril


Dentro dun proxecto de colaboración entre a Universidad Politécnica de Valencia e a Universidade de Vigo, a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra acolle a mostra IN OUT HOUSE. Circuitos de género y violencia en la era tecnológica.
Exposta por primeira vez en Valencia, en novembro de 2012, co gallo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, agora é mostrada na Sala X de Pontevedra, en torno ao 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Esta exposición itinerante é unha selección da realizada anteriormente na Universidad Politécnica de Valencia e poderase visitar a partir do próximo xoves 14 de marzo e ata o 30 de abril de 2013.
A mostra, comisariada pola doutora en Belas Artes, artista e profesora da UPV, Mau Monleón, ten por obxectivo a confrontación directa frente ao grave problema a través da arte feminista e activista contemporánea de España e América Latina, que utiliza fundamentalmente as novas tecnoloxías como soporte. Así, un total de 44 artistas e colectivos, incluíndo personalidades teóricas e prácticas do prestigxo da estadounidense Suzanne Lacy (obra invitada especial dada a consideración da autora norteamericana como pioneira na loita contra a violencia cara ás mulleres), a guatemalteca Regina José Galindo ou a mexicana Lorena Wolffer, presentan a súa obra en web, vídeo e/ou fotografía a miúdo en relación coa performance.
A exposición, patrocinada polo Ministerio de Economía y Competitividad e a UPV, coordinada polo Laboratorio de Creaciones Intermedia e coa colaboración do grupo de investigación arxentino Continente, é acompañada dunha publicación elaborada con textos teóricos escritos ex profeso pola comisaria e os e as colaboradores: Rocío de la Villa, Juan Vicente Aliaga, Emilia Quiñones, Irene Ballester, Ana Navarrete e Carmen Navarrete.
A inauguración terá lugar o próximo xoves 14 de marzo, a partir das 20.00 horas, na Sala X, Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra, Facultade de Belas Artes.
A exposición, que poderá visitarse de luns a venres laborables entre as 12.00 e as 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas, abrangue un campo interdisciplinar que inclúe ciclos de video realizados e compilados ex profeso, a mostra da Plataforma ACVG e a exposición de carteis realizada por Feminicidios.net.

 
Arquivo adxunto:
-Si ella es México, ¿quién la golpeó? (Lorena Wolffer, 1998). Performance, vídeo/DVD/fotografía. 8:18min. (Fotografía de Eugenio Castro)
Para máis información:
-Mar Caldas / Coordinadora da Sala X, Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra / 620.74.12.18 / sala-x@uvigo.es
-Mau Monléon / Plataforma ACVG / 666.988.504 / artecontralaviolenciadegenero@gmail.com / emonleon@esc.upv.es

SALA X - SALA DE EXPOSICIÓNS DO CAMPUS DE PONTEVEDRA

Facultade de Belas Artes
Calle Maestranza, 2
36002 Pontevedra
+34 986801807 | sala-x@uvigo.es | www.salax.uvigo.es

Coordinación: Mar Caldas

Horario:
De lunes a viernes
12-14 h. / 19-21 h.


No hay comentarios: